Semana de portas abertas

Do 21 ao 25 de setembro

Apetéceche probar unha clase de baile? Durante a Semana de Portas Abertas de Caixa de Ritmos podes vir coñecer as nosas clases e probar diferentes estilos e niveis antes de decidirte.

Durante toda a semana poderás asistir ás clases que aparecen nos horarios, tanto se nunca bailaches como se xa tes experiencia. É unha boa oportunidade para coñecer diferentes disciplinas, probar unha clase nova ou descubrir cal se adapta mellor a ti.

Como participar?

É moi sinxelo: escolle as clases que queres probar e reserva previamente a túa praza.

As prazas son limitadas, polo que é necesario reservar antes de vir.

📱 Reserva por WhatsApp: 687 711 436

📧 Ou escríbenos a: info@caixaderitmos.com

Horarios

Consulta a continuación os horarios das clases (os grupos rosas son aptos para xente que nunca bailou):

horarios

Se tes dúbidas sobre que nivel ou clase escoller, escríbenos e axudarémosche a atopar a opción máis axeitada para ti.

Ven probar, bailar e coñecer Caixa de Ritmos!

Agardámoste do 21 ao 25 de setembro.