Os pasos son:
- Cubre o formulario de inscrición que atoparás nos botóns de abaixo.
- Ao cubrir o formulario recibirás un mail automático de Google Forms coas túas respostas. Non tes que facer nada, pero podes comprobar que están correctos todos os datos. Se algún hai algún dato incorrecto envíanos un mail para facer o cambio na nosa base de datos.
- No prazo de máximo dunha semana recibirás un whatsapp ou, en caso de non ter whatsapp, un correo electrónico, coa confirmación de praza e as instruccións para facer o pago, así como outras informacións útis sobre as clases. Isto xa non vai automático, somos nós que respondemos, por iso podemos tardar un pouco, segundo o volume de traballo que teñamos.
- Ao inscribirte nas nosas clases (por formulario online ou presencialmente en Caixa de Ritmos) estás aceptando o protocolo de espazo seguro. Por favor, leo atentamente para facer de Caixa de Ritmos un espazo de respecto e libre de calquera tipo de violencia.
