O espazo

En Caixa de Ritmos temos dúas salas de baile de 50m2 habilitadas con chan de tarima, espellos, equipo de son e ventilación natural en pleno centro de Vigo (xunto ao Teatro Afundación). Se precisas unha sala para organizar ensaios, montar os teus propios grupos de clase ou o que necesites, contacta con nós para utilizalas nos horarios dispoñibles. Tamén contamos cunha sala de descanso para socializar ou coller forzas con sofá, sillóns e proxector por se a necesitas utilizar.

Consulta as condicións para alugar salas enviándonos un whatsapp aquí.