Raquel Ferradás

Raquel Ferradás

Imparte: Contemporáneo

Bailarina e docente.

Raquel Ferradás é bailarina e docente de danza contemporánea e moderna. Formada no Conservatorio Carmen Roche en Madrid, obtén o Grao Elemental de Ballet Clásico nos Conservatorios Coppelia e Mayeusis de Vigo, complementando a súa formación con monográficos de coreógrafas e creadoras de primer nivel nacional e europeo.
Traballa ou traballou coas compañías Amarelo Cia, Paula Quintas Cia, La Galga, Aracaladanza, La Intrusa ou Carmen Roche, entre outras. Gañadora do Premio Percorrido Sólodos en Sólodos En Danza Ourense 2024 con “Mesura”, do Certame Coreográfico Compostela 2021 coa peza “LUDO” de Cía La Galga e do Certamen Carmen Roche co dúo “De mayor quiero ser…” e “Los puntos suspensivos que decidas” con Lydia Martínez.
Actualmente xira co espectáculo Mesura, un solo de danza para rúa estreado en maio 2024. Sigue creando “Diz-me meu amor” un dúo da sua propia compañia a estrear en Outubre 2025 e traballa con Amarelo Cia no seu espectáculo infantil O Arcón de Noa.

As súas clases básanse nun entrenamiento físico no que, a través da repetición de exercicios, aprendemos a dominar técnica de chan, musicalidade, velocidade, improvisación, pautas de creación…Sendo moi conscientes do corpo como ferramenta de traballo, da percepción do espazo e do tempo.

O obxetivo das clases é chegar a máxima liberdade do movemento, xogar con diferentes cualidades e dinámicas para levar o corpo ao seu maior límite.
Bailar e disfrutar bailando, deixándonos levar, que o noso corpo experimente e viaxe dende as sensacións e non tanto pola forma. E así, evolucionar da mellor forma, tanto individual como grupalmente