Bolsas e peto solidario

Ofrecemos 5 bolsas trimestrais

Asistir a clases de baile non debería ser un privilexio: o movemento corporal, a exposición á música e a socialización que supón integrarse nunha actividade como esta é super necesario para combatir o desgaste psicolóxico que supón a precariedade, e ademais contribúe a tecer redes e integrarse nunha comunidade.

As bolsas están dirixidas a persoas que non poidan permitirse económicamente costear as clases. Non pediremos xustificación económica algunha, confiamos plenamente nas persoas que a soliciten, e apelamos que a comunidade de Caixa de Ritmos faga o mesmo. Do mesmo xeito, garantimos a confidencialidade das persoas solicitantes.e non faremos púbico nen o nome nen ningún outro dato des bolseires.

Cobertura de cada bolsa

  • 1 trimestre de clases regulares da modalidade que escolla a persoa beneficiaria (1 clase/semana)
  • Entrada para todos os eventos de baile social e faladoiros organizados por Caixa de Ritmos (excluíndo obradoiros).
  • Posibilidade de ampliación da bolsa para os seguintes trimestres de cada curso escolar. En caso de que as persoas beneficiairas rexeiten a ampliación da bolsa ao seguinte trimestre (ben por non poder continuar coas clases, ben porque a súa situación económica mellorou) publicaremos as bolsas dispoñibles para o seguinte trimestre.

Solicita a túa bolsa para o primeiro trimestre do curso 2026/27 cubrindo o formulario de inscrición e poñendo en comentarios ‘SOLICITO BOLSA TRIMESTRAL‘ . Non tes que explicar nada máis.

Otorgaremos as bolsas por orden de inscrición. Para o primeiro trimestre do curso 2026/27 temos dispoñibles 2 bolsas totais e 1 bolsa parcial (50% da cuota trimestral)

Peto solidario para financiar as bolsas – precisamos da axuda da comundiade!

Para poder financiar estas bolsas confiamos na comunidade de Caixa de Ritmos, e dispoñibilizaremos un peto solidario para recibir as vosas aportacións voluntarias.

O alumnado, exalumnado e comunidade de Caixa de Ritmos poderá aportar ao peto das seguintes formas:

  • Facendo achegas voluntarias e espontáneas do importe que sexa, en calquera momento do curso.
  • En eventos organizados por Caixa de Ritmos e/ou Swing On nos que explícitamente estemos recadando cartos para o peto solidario.

Transparencia

Ao final de cada trimestre faremos público en Instagram @caixaderitmos_vigo o número de bolsas concedidas e o importe recadado durante o trimestre no peto solidario. Nunca se fará público o nome das persoas beneficiarias nen solicitantes.

  • No caso de que os cartos recadados no peto sexan superiores ao importe das bolsas, reservaremos os excedente para o peto do seguinte trimestre.
  • No caso de que os cartos recadados no peto sexan inferiores ao importe das bolsas, Caixa de Ritmos sufragará o importe restante.

Non é fácil para unha escola de baile pequena facer estas incursións fóra do sistema capitalista, e facémolo coa mellor das intencións. Aínda así somos conscientes de que sendo este un camiño pouco explorado podemos meter a pata.
Aínda así somos da opinión de que é mellor facer que non facer, así que imos lanzarnos á piscina e agradecemos o voso feedback: iremos aprendendo e mellorando curso tras curso tendo sempre en conta as vosas opinións e aportacións.
Agradecemos infinito o amor do noso alumnado que sabemos que sempre estades ao noso carón, apoiando as decisiones que tomamos :_) e agardamos entre todes ser capaces de que cada vez máis persoas teñan acceso á danza, independentemente do seu poder adquisitivo. Non imos cambiar o mundo con isto, pero mellor facer que non facer, non si?