Cursos de xullo 2024

Vigo e Cangas – do 4 de xullo ao 1 de agosto

Durante o mes de xullo temos variedade de cursos de lindy hop e solo jazz de diferentes niveis en Vigo e Cangas, ademais de obradoiros puntuais de iniciación a diferentes estilos de baile (balboa, shag e slow drag).

* O grupo de Lindy Hop bases en A Morada é un grupo externo que existe dende marzo e que xestionan directamente dende A Morada. Podes inscribirte para o que queda de curso (remata a finais de xullo) directamente na súa web: https://www.amoradacooperativa.com/lindyhop

O resto de cursos de xullo impártense do 4 de xullo ao 1 de agosto. As datas son as seguintes:

  • os luns 8, 15, 22 e 29 de xullo
  • os martes 9, 16, 23 e 30 de xullo
  • os mércores 10, 17, 24 e 31 de xullo
  • os xoves 4, 11, 18 de xullo e 1 de agosto

Prezos

Niveis

  • LINDY HOP BASES: se nunca bailaches ou queres repasar as bases.
  • LINDY HOP SOCIAL: se xa coñeces as bases e os pasos básicos (a partir de 6 meses bailando)
  • LINDY HOP DESAFÍO: se xa coñeces as bases e te sintes cómode no baile social e queres ir máis alá (ritmos máis complexos, secuencias retantes, etc)
  • SOLO JAZZ BASES: se nunca bailaches ou queres repasar as bases.
  • SOLO JAZZ MULTINIVEL: se xa tes unha base, coñeces o Shim Sham e algún vocabulario básico.  

Obradoiros puntuais

Os 3 obradoiros son de iniciación a cada un deses estilos de baile, non é necesario ningún tipo de experiencia previa, anímate a probar! Atoparás os obradoiros no formulario de inscrición.