Dancehall

Dancehall
+16
BASES martes de 18h a 19h
INTERMEDIO martes de 19h a 20h
Lu Ko Ala
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ .Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

O Dancehall nace en Xamaica ao final dos anos 70, establecéndose fortemente na década de 1980. Este xénero non só é unha forma de expresión corporal, senón unha cultura que abrangue tamén a música, a moda e o estilo de vida. É un reflexo da sociedade xamaiquina, que toma a súa máxima expresión nas propias pistas de baile: os dance-halls. E, por iso mesmo, está en constante cambio e evolución.

Nestas aulas aprenderemos e partillaremos baseándonos nos movementos de Dancehall creados por diferentes bailarinas e bailaríns da illa, desde as súas orixes ata a actualizade; escoitando a súa mensaxe e explorando como transmitila cos nosos corpos.

Se queres profundizar no coñecemento deste baile, recomendámoste este documental: https://youtu.be/YmFyEVE1hDI

Deixámovos 2 vídeos: no primeiro Latonia Style, mostra uns pasos da A a Z e no segundo podes ver festa dancehall en Jamaica.

DANCEHALL SKILLS
DANCEHALL PARTY VIBES