Tap Dance / Claqué

Tap Dance / Claqué
+16
BASES: luns de 20h a 21h
INTERMEDIO: luns de 19h a 20h
Jorge Patiño
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ .Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

Tamén coñecido como claqué, nós preferimos chamalo polo seu nome orixinal. O baile orixínase a finais do S XIX nas plantacións do Sur de Estados Unidos, ao principio como forma de comunicación entre os escravos chegados de África. Nos inicios usaban movementos dun baile de África Occidental que se caracteriza pola percursión corporal, e ao coñecer as danzas irlandesas nas que se utilizaba un calzado con claquetas, incorporaron este elemento para crear o que hoxe coñecemos como tap dance.

Na súa evolución, comparte moitos elementos co jazz primeiro, e despóis co funk, o disco, e outras músicas negras americanas. Nos anos 60 o tap tivo gran aceptación en Broadway, creándose unha corrente do tap (Broadway Tap) na que se valora máis a coreografía que a expresión cultural. Polo contrario está o Rhythm Tap, que mantén os valores orixinais de improvisación, diálogo e expresión individual a través do ritmo.

Neste curso traballaremos coa idea do Rhythm Tap, polo que ademáis de aprender algúns combos para fixar e repetir movementos, tamén se traballará a improvisación e o diálogo, e experimentaremos desde o comezo as chamadas jams de tap.

Dancehall

Dancehall
+16
BASES martes de 18h a 19h
INTERMEDIO martes de 19h a 20h
Lu Ko Ala
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ .Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

O Dancehall nace en Xamaica ao final dos anos 70, establecéndose fortemente na década de 1980. Este xénero non só é unha forma de expresión corporal, senón unha cultura que abrangue tamén a música, a moda e o estilo de vida. É un reflexo da sociedade xamaiquina, que toma a súa máxima expresión nas propias pistas de baile: os dance-halls. E, por iso mesmo, está en constante cambio e evolución.

Nestas aulas aprenderemos e partillaremos baseándonos nos movementos de Dancehall creados por diferentes bailarinas e bailaríns da illa, desde as súas orixes ata a actualizade; escoitando a súa mensaxe e explorando como transmitila cos nosos corpos.

Se queres profundizar no coñecemento deste baile, recomendámoste este documental: https://youtu.be/YmFyEVE1hDI

Deixámovos 2 vídeos: no primeiro Latonia Style, mostra uns pasos da A a Z e no segundo podes ver festa dancehall en Jamaica.

DANCEHALL SKILLS
DANCEHALL PARTY VIBES

Afrofusion

Afrofusion
+16
BASES mércores de 21h a 22h
INTERMEDIO mércores de 19h a 20h
Geni Muxima
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ (Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

BASES é para quen quere comezar dende cero.
CHALLENGE é para quen ten experiencia neste estilo ou xa baila outros estilos e quere traballar de forma intensa.

Afrofusion non è un estilo propiamente, senòn que se trata da fusión de estilos afro e mesmo tamên de vocabulario doutros estilos. Nesta aula traballaremos steps dalgùns estilos como o ndombolo (Congo) Naija Style (Nigeria), Amapiano  (Sudàfrica) e Azonto  (Ghana) principalmente e realizaremos secuencias combinando estas diferentes linguaxes.

Neste vídeo podes ver unha demo de Geni Muxima dalgunhas das ideas que se traballan durante o curso.