Baile Galego

Baile Galego
+16
xoves de 18h a 19h
Ana Fernández
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ .Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

O baile popular galego é unha manifestación cultural viva propia, colectiva e participativa, na que o corpo, a música e a relación coas demais persoas se converten nunha forma de expresión e comunicación.

Por todo isto as aulas están pensadas para aprender os diferentes ritmos e xéneros que a tradición nos deixa ao longo do tempo, poñelos en valor e en práctica dunha maneira participativa pero sobre todo, moi divertida.

Reconecta co noso baile e aprende unha nova modalidade nas artes do movemento. Unha actividade física fántastica no social e no propiamente físico.

Experimental

Experimental
+16
martes de 18h a 19h
Eva Comesaña
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ .Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

Cando falamos de danza experimental, referímonos a unha práctica corporal que se constrúe desde a exploración, a investigación e a liberdade creativa. A diferencia dos estilos tradicionais, que adoitan apoiarse en técnicas codificadas e secuencias de movemento predeterminadas, a danza experimental convida a romper estruturas, cuestionar o coñecido e permitir que o corpo atope as súas propias respostas.

O experimental implica probar, descubrir e crear sen un resultado predeterminado. Trátase dun enfoque no que o proceso vale tanto como a obra final. Neste tipo de danza, cada persoa convértese en investigadora do seu propio movemento: explóranse sensacións, impulsos, ritmos internos, imaxes, emocións e formas non habituais de relacionarse co espazo e coas demais persoas.

O corpo é entendido como un territorio de posibilidades. A improvisación e a escoita profunda son ferramentas esenciais para abrir camiños novos.

Contemporáneo

Contemporáneo
+16
BASES mércores de 18.00h a 19.00h
INTERMEDIO mércores de 19.00h a 20.00h
Eva Comesaña
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ .Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

BASES é para quen quere comezar dende cero.
INTERMEDIO é para quen ten experiencia neste estilo ou xa baila outros estilos e quere traballar de forma intensa.

Aulas regulares nas que poder explorar o corpo e as súas posibilidades, a través do movemento consciente, guiado por diferentes técnicas contemporáneas como son a improvisación, floorwork, composición instantánea,… un percorrido corporal para chegar a un movemento máis inconsciente, orgánico e propio que aparece cando o corpo está dispoñible. Sempre dende o xogo, o disfrute e o benestar.
Acondicionamento físico, técnica, improvisación e moito mimos para as cuerpas.

A danza contemporánea xurdiu a finais do século XIX como unha reacción á rigidez do ballet clásico, buscando maior liberdade de expresión. Figuras clave como Isadora Duncan e Martha Graham romperon coas técnicas tradicionais, incorporando movementos máis naturais e emocionais. Influenciada polas vangardas artísticas, este xénero abraza a diversidade de estilos e técnicas, desde o expresivo ata o abstracto. A danza contemporánea tamén se caracteriza pola ruptura coa narrativa convencional, permitindo interpretacións abertas e subxectivas, e continúa evolucionando ata hoxe.