BASES: luns de 20h a 21h
INTERMEDIO: luns de 19h a 20h
Jorge Patiño
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ .Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!
Qué é tap dance?
Tamén coñecido como claqué, nós preferimos chamalo polo seu nome orixinal. O baile orixínase a finais do S XIX nas plantacións do Sur de Estados Unidos, ao principio como forma de comunicación entre os escravos chegados de África. Nos inicios usaban movementos dun baile de África Occidental que se caracteriza pola percursión corporal, e ao coñecer as danzas irlandesas nas que se utilizaba un calzado con claquetas, incorporaron este elemento para crear o que hoxe coñecemos como tap dance.
Na súa evolución, comparte moitos elementos co jazz primeiro, e despóis co funk, o disco, e outras músicas negras americanas. Nos anos 60 o tap tivo gran aceptación en Broadway, creándose unha corrente do tap (Broadway Tap) na que se valora máis a coreografía que a expresión cultural. Polo contrario está o Rhythm Tap, que mantén os valores orixinais de improvisación, diálogo e expresión individual a través do ritmo.
Neste curso traballaremos coa idea do Rhythm Tap, polo que ademáis de aprender algúns combos para fixar e repetir movementos, tamén se traballará a improvisación e o diálogo, e experimentaremos desde o comezo as chamadas jams de tap.
