Obradoiros de lindy hop (varios niveis), authentic jazz e tap (claqué)
Sábado 24 de outubrode 11.30h a 18.30h
Carlos & Jorge
Desde 18€
Inscríbete: https://forms.gle/wap8uY1p6h7E7XUz5
Volvemos á Coruña un fin de semana con clases e festa. Nesta ocasión ofreceremos clases de Lindy Hop (3 niveis), Authentic Jazz e Tap (claqué). Os profes encargados de impartir os obradoiros serán Carlos e Jorge. Pola noite organizamos unha festa swing no Don Giorgio Cocktail Club, máis info sobre a festa axiña!
As clases impartiranse no Vibrato Dance Studio (Rúa Gutemberg 44C)
Horarios
- de 11.30h a 13.00h: Lindy Hop Máster
- de 13.00h a 14.00h: Authentic Jazz
- de 14.00h a 15.30h: Pausa para comer (podemos comer na escola, leva o teu bocata ou tupper e comemos xuntas!)
- de 15.30h a 16.30h: Tap (claqué)
- de 16.30h a 17.30h: Lindy Hop 2
- de 17.30h a 18.30h: Lindy Hop 1
Prezos
- Lindy Máster (1.5h): 20€
- 1 clase (1h): 18€
- 2 clases: 30€
- 3 clases: 40€
- 4 clases: 45€
Niveis
- Lindy Hop Máster: Este é o teu nivel se levas varios anos asistinto a clases e bailando Lindy Hop e asistiches a festivais facendo clases. Este nivel está enfocado a persoas que dan clase localmente ou que teñen unha motivación moi grande en mellorar no seu baile, en todos os niveis (ritmo, conexión, expresión personal, musicalidade…). Se xa asistías a este nivel nas clases con Marta e Pedro podes continuar aquí. Se tes dúbidas sobre se este nivel pode ser axeitado para ti, consúltanos antes de inscribirte.
- Lindy Hop 1: Non necesitas moita experiencia previa bailando Lindy Hop, neste nivel aprenderás a técnica básica deste baile, diferentes ritmos e repertorio para explorar no teu baile social. Non é unha clase de iniciación, danse por coñecidos ritmos básicos como os triple steps ou kicks.
- Lindy Hop 2: Apúntate a este nivel se participaches en clases regulares de Lindy Hop con profesionais, ou asistiches a clases en festivais. Dominas os movementos básicos, os diferentes ritmos e tes capacidade para introducilos no teu baile social. Coñeces figuras básicas (aínda que non ás domines totalmente) como o Swing Out, Tack Turn, Tandem Charleston…
- Tap (claqué): Desde cero absoluto, teremos un primeiro contacto cos fundamentos do tap dance, tipos de golpes e sons, ritmos básicos e un primeiro contacto coa improvisación. Non é necesario ningún calzado especial para facer esta clase.
- Authentic Jazz: Multinivel, non necesitas ter experiencia previa neste baile. Impartiremos conceptos básicos e algúns movementos que poderás incorporar socialmente no teu baile
Carlos Tomico & Jorge Patiño

Jorge Patiño e Carlos Tomico levan anos compartindo a súa paixón polo lindy hop e pola música swing, desenvolvendo unha forma de ensinar na que a musicalidade, o ritmo, a conexión e a improvisación ocupan un lugar central.
Jorge descubriu o lindy hop en Oporto en 2010 e, desde entón, participou activamente no desenvolvemento da comunidade swing en Galicia. É cofundador de Swing On e leva máis dunha década impartindo clases, organizando eventos e promovendo a cultura swing. O seu ensino parte da idea de que bailar é expresar corporalmente a linguaxe do jazz e que a escoita activa, tanto da música como da parella, é fundamental para conseguir unha expresión auténtica.
Carlos comezou a bailar lindy hop en Madrid en 2012 e desde 2014 compaxina o baile coa docencia en diferentes escolas de Galicia e Portugal. O seu estilo está profundamente ligado á música, ao ritmo e á teatralidade, buscando que cada paso teña intención e que o baile sexa unha experiencia divertida e expresiva. Inspirado por grandes figuras do jazz e da danza, entende o lindy hop como unha oportunidade para explorar a propia personalidade a través do movemento.
Nas súas clases combinan técnica, musicalidade, conexión e improvisación, creando un espazo no que aprender, experimentar e, sobre todo, gozar do baile.
