Andrea Costa

Andrea Costa

Imparte: Lindy hop e authentic jazz.

Bailarina, coreógrafa, DJ e artista.

Desde hai unha década, o lindy hop é a súa maneira favorita de entender o mundo. Todo comezou cunha simple atracción polo swing, pero antes de darse conta, xa estaba completamente inmersa nese ritmos enérxicos que o jazz regala. Bailar non é só seguir un patrón de pasos para ela; é unha viaxe constante cara á autenticidade, un diálogo coa música no que cada improvisación conta unha historia diferente.

Como bailarina, busca que cada baile sexa unha expresión xenuína, que fale do seu amor polo swing e que respecte a esencia desta danza tan única.

Cando non está bailando, pódese atopar facéndo de DJ, onde goza facendo vibrar a pista con seleccións que fan que os pés de todos os presentes se movan sen parar. Hai algo máxico en ver como a música conecta os bailaríns, como transforma o espazo e crea unha atmosfera que só se vive no lindy hop.

O seu enfoque é unha mestura de técnica, paixón e moita diversión. Cada paso é unha oportunidade para explorar algo novo, para atopar ese equilibrio entre o estilo clásico e a súa propia expresión persoal. Despois de 10 anos, o lindy hop segue sendo a súa paixón máis grande e a mellor maneira de expresarse. É un amor polo ritmo, a conexión, e sobre todo, por esa liberdade que só o baile pode ofrecer.

Lu Ko Ala

Lu Ko Ala

Imparte: Dancehall.

Bailarina, selectora/dj, activista e promotora de eventos culturais.

O Dancehall é a súa forma de expresión. Cautivada por esta música desde o 2010, no 2014 sumérsexe tamén na danza durante os anos que viviu en Barcelona. Alí comprende como música e baile forman parte da mesma cultura e conflúen no seu elemento central, a pedra angular: a propia pista de baile, é decir, o dance hall.

No 2018, afincada de novo en Vigo, a súa cidade natal, arranca e dinamiza as New Level Vigo, festas periódicas nas que un equipo tanto de selectores (djs) e bailariíns poñen en relevancia a importancia do baile que acompaña a esta música. Tamen comezou a impartir as aulas de Dancehall que mantén na actualidade.

Desde 2021 comeza tamén a súa andaina como selectora/dj, motivada para partillar música e poñer o foco durante as súas sesións na pista de baile. Forma parte do colectivo Chapamama Crew, e tamén parte coma dj dos directos de High Paw e de Nadie Gonzalez.

Podes ver a Lu Ko Ala en acción neste video da artista High Paw.

Rubén Fernández

Rubén Fernández

Imparte: Coro Swing

É un músico de Vigo licenciado pola Escola Superior de Música de Cataluña ESMUC, onde estudou con grandes músicos como Carme Canela, Joan Monné, Agustí Fernández, Lluis Vidal, David Xirgu, Feliu Gasull, Aldo Caviglia, etc. Durante eses anos en Barcelona especializouse en interpretación vocal de jazz, onde tamén asistiu a clases maxistrais con artistas internacionais da talla de Chris Cheek (saxofón), Alessandra Patrucco (voz), Ed Shop (batería), Jerry Bergonzi (saxofón), Bob Stoloff (voz), Stefan Karlsson (piano), entre outros.

Como profesor de canto e director de varios coros, o seu alumnado valórao como un excepcional docente, que con moita calma consigue transmitir de xeito claro os conceptos, así como as dinámicas de práctica e estudo. Leva 3 anos como director do coro swing, no que ademáis dos traballos de dirección, fai os arranxos pensados específicamente para as características do coro, e agora teñen un repertorio que abarca temas clásicos como Take the A train, Bye bye blackbird, ou What a wonderfull world entre outros.

Podes atopar toda a info sobre Rubén na súa web www.rubenvoz.com