Contemporáneo Impro Multinivel

Contemporáneo Impro Multinivel

Curso para persoas de idade adulta que bailan calquera estilo de baile, non necesariamente danza contemporánea, e queren disfrutar das aulas dende un lugar relaxado.

Aulas regulares nas que poder explorar o corpo e as súas posibilidades, a través do movemento consciente, guiado por diferentes técnicas contemporáneas como son a improvisación, floorwork, composición instantánea,… un percorrido corporal para chegar a un movemento máis inconsciente, orgánico e propio que aparece cando o corpo está dispoñible. Sempre dende o xogo, o disfrute e o benestar.
Acondicionamento físico, técnica, improvisación e moito mimos para as cuerpas.

A danza contemporánea xurdiu a finais do século XIX como unha reacción á rigidez do ballet clásico, buscando maior liberdade de expresión. Figuras clave como Isadora Duncan e Martha Graham romperon coas técnicas tradicionais, incorporando movementos máis naturais e emocionais. Influenciada polas vangardas artísticas, este xénero abraza a diversidade de estilos e técnicas, desde o expresivo ata o abstracto. A danza contemporánea tamén se caracteriza pola ruptura coa narrativa convencional, permitindo interpretacións abertas e subxectivas, e continúa evolucionando ata hoxe.

Eva Comesaña Sanromán, bailarina, creadora, docente, activista, Dj e xestora cultural.

Formada en danzas de clubing (hip hop, house e wacking), danzas africanas (Djole, danza de la costa oeste) e danza contemporánea, facendo parte do programa Oficina Zero 23/24 no Porto.

Como creadora, formou parte da compañía de danza e música Beehive; colaborou en videos musicais e video-danza, así como en creacións propias coma a peza “Dentro de min”, “O Lavadoiro”, performance de rúa xunto á bailarina Marcia Vázquez, o solo “TerraFIRME”, “Como alabar en voz alta” e “Perder a lingua”, peza para salas e teatros xunto a Rubén Fernández (músico) e Eva Antelo (artista visual)

Formou parte do grupo de experimentación e impro Sinerxias que mestura música en directo, poesía, voz e danza nun proceso de creación a través da improvisación.

Co-fundadora da asociación 85C, colectivo feminista de artistas galegas.

Programadora e creadora dos proxectos Macarena War, Teatro Gorrila, Ciclicka e Solos que danzan.

  • Xoves 20.30h-21.30h

Descarga os horarios completos de Caixa de Ritmos neste link.

  • Pago trimestral: 95€/trimestre
  • Pago mensual: 40€/mes

Os prezos son para unha clase á semana. Se queres asistir a máis clases por semana consulta a táboa de prezos.

Antes do inicio do curso faremos unha semana de portas abertas para que probes as clases que queiras gratuitamente.

Unha vez comezado o curso poderás probar unha clase por 10€, que te reembolsaremos da túa cuota se finalmente fas a inscrición.

Do 30 de setembro ao 20 de xuño.

Unha vez comezado o curso é posible unirse sempre que haxa prazas dispoñibles e non teñas problema en seguir o ritmo do curso (lembra que podes probar unha clase).