Lindy Hop

Lindy Hop
+16 · desde cero · non fai falta parella
BASES martes de 19h a 20h
BASES mércores de 20h a 21h
INTERMEDIO mércores de 18h a 19h
CHALLENGE xoves de 19h a 20h
CHALLENGE martes de 20h a 21h
Swing On Vigo
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ .Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

BASES: para quen nunca bailou lindy hop e quere iniciarse no vocabulario básico, o ritmo e a conexión coa parella.
INTERMEDIO: para quen xa ten algunhas bases e quere seguir construíndo, asentando bases, e gañando confianza na pista
CHALLENGE: para quen sinte que te unha boa base e quere apostar forte por unha aprendizaxe máis complexa, basada na linguaxe do jazz

En ningún dos casos é necesario vir en parella porque durante as clases se traballa coas diferentes compis, ainda así, necesitamos ter equilibrio entre leaders e followers nas clases, polo que no nivel BASES traballaremos cos diferentes roles, e nos niveis INTERMEDIATE e CHALLENGE axúdanos moito que sexades flexibles co rol ou que vos organicedes para apuntarvos en parellas leader-follower (non é parella de baile fixa, é só a efectos de inscrición). Se non é posible ningunha das situacións, inscríbite igual indicando o teu rol habitual.

Pola nosa parte, como fixemos sempre, seguiremos fomentando programas nos que poidas formate nos dous roles con clases extra gratuítas. Informaremos ao alumnado ao inicio de curso en función das prazas dispoñibles.

O lindy hop é un baile afroamericano que ten a súa orixe nos Ballroom de Harlem de finais dos anos 30 dentro do movemento artístico Harlem Renaissance. O lindy hop comezou a bailarse coa música swing das Big Band que enchían enormes salóns de baile, aínda que o swing foi evoluíndo, e da súa man, o lindy hop tamén. O que está claro é que o baile lindy hop comparte unha linguaxe co jazz: xogos rítmicos, improvisacións, diálogo, expresión individual… o que converte a aprendizaxe deste baile nun mundo súper interesante e cheo de desafíos.