Mércores 20.00h a 21.00h
Geni Muxima
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ (Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 1€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!
Neste curso traballaremos a ginga do estilo, patróns de footworks, pasos populares coas súas músicas e secuencias coreográficas a partir do aprendido. Sobretodo empaparémonos do contexto sociocultural, xa que se entendemos a historia, sen dúbida algunha bailaremos mellor o estilo.
Qué é o Afrohouse/Kuduro?
O kuduro nace en Luanda (Angola) a finais dos anos 80 no contexto dunha longa guerra civil (1975- 2002) e baixo a colonización portuguesa. Xorde nos musseques (barrios marxinais) como unha necesidade de expresión do pobo angolano. De aí que os movementos nun comezo sexan como unha brincadeira con influencias do break, popping e mesmo do ballet (kuduro underground). Kuduro ( Cù duro) foi o termo que lle deu Tony Amado, tras ver a escena de Jean Claude Van Damme bailando nun bar na película Kickboxer (1989). A música que popularizou este estilo foi “A felicidade“ do Sebem.
A nivel musical é un xenero que mistura música electrónica con outros ritmos de Angola como a semba. A finais dos 90 da man de Os Lambas tòrnase nun kuduro mas rápido, máis agresivo e máis político (kuduro Clásico). Son patróns de pes moi rápidos e dinámicos cunha ginga influenciada polo ndombolo (Congo), que se caracteriza polos movementos de cadeiras. Nesta etapa comezan as primeiras mulleres kuduristas como Fofandò, propia lixa e Noite e día.
É a partir do ano 2005 (xa despois da guerra) cando se produce un cambio musical e entra na escea o Afrohouse. O Afrohouse como xénero musical aparece en Sudáfrica, pero alí non se desenvolve como unha danza. Os estilos que se bailaban eran o kwaito e o Pantsula (moito footwork). Os Pilukas, bailarinos angolanos, viaxan a Sudáfrica e recollen vocabulario do Pantsula e na súa volta en Angola mistùrano co kuduro. Por outro lado, outros bailarinos como Fabio Dance influenciado polas músicas que ouvía nas discotecas de Lisboa, crea os tres pasos mais populares do afrouhouse old shool (abrir/fechar/o toque). Nace así o Afrohouse de Angola que se caracteriza por ter unha batida mais forte xa que bebe directamente do kuduro, pero que se baile cun Groove máis suave ao kuduro que se viña practicando. Destacan grupos como The Groove, Os Moikanos, Os Banah, Os Santiegos, ou Maya Zuda coñecida como a raíña do afrohouse. E nas novas xeracións: Ronaldo Sambala, Malunne, Os Biu Bau, Os Reflexos, Team Xocoteiro, e moitísimos máis,
É importante dicir que aínda que fóra de Angola se estudan como dous estilos diferentes, en Angola entenden que o Afrohouse é Kuduro é o mesmo baile. Mudan as músicas e os grooves, pero a danza continúa ligada á mesma raíz.
Se queres profundizar, recomendámoste este documental: https://www.youtube.com/watch?v=zkdXDbRLAns
Neste vídeo podes ver unha mostra deste baile da man dos Piluka.
