Experimental

Experimental
+16
martes de 18h a 19h
Eva Comesaña
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ .Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

Cando falamos de danza experimental, referímonos a unha práctica corporal que se constrúe desde a exploración, a investigación e a liberdade creativa. A diferencia dos estilos tradicionais, que adoitan apoiarse en técnicas codificadas e secuencias de movemento predeterminadas, a danza experimental convida a romper estruturas, cuestionar o coñecido e permitir que o corpo atope as súas propias respostas.

O experimental implica probar, descubrir e crear sen un resultado predeterminado. Trátase dun enfoque no que o proceso vale tanto como a obra final. Neste tipo de danza, cada persoa convértese en investigadora do seu propio movemento: explóranse sensacións, impulsos, ritmos internos, imaxes, emocións e formas non habituais de relacionarse co espazo e coas demais persoas.

O corpo é entendido como un territorio de posibilidades. A improvisación e a escoita profunda son ferramentas esenciais para abrir camiños novos.

Lindy hop improve

Lindy hop improve
+16 // + de 6 meses bailando lindy hop
martes de 19.30h a 20.30h
mércores de 2030h a 21.30h
xoves de 18.30h a 19.30h
Swing On Vigo
Prezo trimestral: 95€ / Prezo mensual: 40€ .Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 10€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

Xa coñeces o vocabulario básico e podes combinar kicks con triple steps con facilidade. Os pasos básicos – pass by, tack turn, swing out, hand to hand ou tandem…- xa non son un misterio para ti. Xa comezaste a ir a sociales, coñeces as estructuras básicas da música (swing e blues) e queres seguir aprendendo pasos, conexións, e afondar na técnica para brillar no baile social, éste curso é para ti.

O lindy hop é un baile afroamericano que ten a súa orixe nos Ballroom de Harlem de finais dos anos 30 dentro do movemento artístico Harlem Renaissance. O lindy hop comezou a bailarse coa música swing das Big Band que enchían enormes salóns de baile, aínda que o swing foi evoluíndo, e da súa man, o lindy hop tamén. O que está claro é que o baile lindy hop comparte unha linguaxe co jazz: xogos rítmicos, improvisacións, diálogo, expresión individual… o que converte a aprendizaxe deste baile nun mundo súper interesante e cheo de desafíos.

Jorge Patiño

Jorge Patiño

Imparte: Lindy hop e tap dance

Bailarín, docente, DJ, coreógrafo e xestor cultural.

Jorge Patiño Pérez é cofundador de Swing On xunto a Elena Branco desde 2012. Descubriu o lindy hop en Oporto en 2010, e xa vivindo en Bueu, ante a falta de lindy hop en Galicia, decidiu poñer en marcha un proxecto para crear unha comunidade lindy hopper na rexión.

Actualmente, Jorge imparte clases de lindy hop, jazz e tap dance. A súa ensinanza pon o foco na música como orixe de todo movemento, para el, bailar é unha forma de expresar corporalmente a linguaxe do jazz. Nas súas clases de jazz e tap, Jorge fomenta a improvisación e o diálogo a través do ritmo e o movemento, entendendo o baile como unha conversa en constante evolución.

O seu obxectivo como profesor é que o alumnado adestre a escoita activa, non só da música, senón tamén da parella e das demais persoas que comparten a pista e a comunidade. Jorge cre que só a través dunha escoita consciente é posible conseguir unha expresión corporal auténtica.

Ademais de ser profesor, Jorge é DJ de swing e forma parte de Swing On DJs xunto a Elena Branco. As súas seleccións musicais destacan pola diversidade de subestilos do jazz, asegurándose sempre de que cada tema teña swing para manter sempre a pista vibrando.

A súa labor como promotor de eventos é igualmente destacable, tendo organizado numerosas festas con DJs e bandas, charlas e festivais, entre os que sobresaen o Swing On The SEA, Enxebre Swing Festival, Swing On WICend e o Winter Is Coming Swing Festival.

Jorge é consciente de que o lindy hop, o jazz e o tap dance son manifestacións culturais afroamericanas que formaron parte da loita polos dereitos humanos. Por iso, realiza o seu traballo desde unha perspectiva de respecto polos orixes e tamén cunha vocación reivindicativa, usando a súa posición para loitar pola xustiza social na medida das súas posibilidades.