Lu Ko Ala

Lu Ko Ala

Imparte: Dancehall.

Bailarina, selectora/dj, activista e promotora de eventos culturais.

O Dancehall é a súa forma de expresión. Cautivada por esta música desde o 2010, no 2014 sumérsexe tamén na danza durante os anos que viviu en Barcelona. Alí comprende como música e baile forman parte da mesma cultura e conflúen no seu elemento central, a pedra angular: a propia pista de baile, é decir, o dance hall.

No 2018, afincada de novo en Vigo, a súa cidade natal, arranca e dinamiza as New Level Vigo, festas periódicas nas que un equipo tanto de selectores (djs) e bailariíns poñen en relevancia a importancia do baile que acompaña a esta música. Tamen comezou a impartir as aulas de Dancehall que mantén na actualidade.

Desde 2021 comeza tamén a súa andaina como selectora/dj, motivada para partillar música e poñer o foco durante as súas sesións na pista de baile. Forma parte do colectivo Chapamama Crew, e tamén parte coma dj dos directos de High Paw e de Nadie Gonzalez.

Podes ver a Lu Ko Ala en acción neste video da artista High Paw.

Rubén Fernández

Rubén Fernández

Imparte: Coro Swing

É un músico de Vigo licenciado pola Escola Superior de Música de Cataluña ESMUC, onde estudou con grandes músicos como Carme Canela, Joan Monné, Agustí Fernández, Lluis Vidal, David Xirgu, Feliu Gasull, Aldo Caviglia, etc. Durante eses anos en Barcelona especializouse en interpretación vocal de jazz, onde tamén asistiu a clases maxistrais con artistas internacionais da talla de Chris Cheek (saxofón), Alessandra Patrucco (voz), Ed Shop (batería), Jerry Bergonzi (saxofón), Bob Stoloff (voz), Stefan Karlsson (piano), entre outros.

Como profesor de canto e director de varios coros, o seu alumnado valórao como un excepcional docente, que con moita calma consigue transmitir de xeito claro os conceptos, así como as dinámicas de práctica e estudo. Leva 3 anos como director do coro swing, no que ademáis dos traballos de dirección, fai os arranxos pensados específicamente para as características do coro, e agora teñen un repertorio que abarca temas clásicos como Take the A train, Bye bye blackbird, ou What a wonderfull world entre outros.

Podes atopar toda a info sobre Rubén na súa web www.rubenvoz.com

Geni Muxima

Geni Muxima

Imparte: afofusion e kuduro/afrohouse.

Bailarina, profesora, coreógrafa e xornalista.

Tras licenciarse en xornalismo, viaxa a Escocia e comeza finalmente a darlle ritmo a ese grito antigo de “Mamà, quiero ser artista”. No Edinburgh’s Telford College fòrmase en Ballet, Jazz e Danza Contemporànea, ao tempo que descobre a súa paixòn polo flamenco nas sùas viaxes às Covas do Sacromonte en Granada. No seu retorno a Galicia entra en contacto coas danzas tradicionais da Costa Oeste Africana, e dende entòn fica plenamente entregada ao seu estudo atendendo a formaciòns con Eva Azevedo (Portugal), Joana Peres (Portugal), Cristina Rosa (Madrid), e con profesores nativos en Guinea Conakry e Mali.  Este camiño lèvaa a mergullarse na diversidade de danzas urbanas do continente, profundizando especialmente na ginga do kuduro e afrohouse de Angola. Lisboa é a cidade na que se inicia con bailaríns como Fabio Krayze, Miguel Albino (Pupilos do Kuduro), Selma Mylene, Nuno Bolicao, Moikana e Blaya, entre outros.

Destaca pola súa enerxía e vontade de compartila sen demasiadas normas. Para ela, todos somos unha fermosa coreografía de latidos. Corpos e ritmo. Únicos e auténticos. A principal mensaxe nas súas aulas é que cada ser conecte coa súa verdade presente e para iso emprega a riqueza da linguaxe africana que nos achega ao primitivo e ao verso “Eu son porque ti es”.

Neste vídeo podes ver a Geni bailando con Vandro Poster