New

New

Imparte: House e Hip Hop

É un recoñecido bailarín, coreógrafo e profesor de baile urbano con orixes no mundo do hip hop e do breaking.

Comezou a bailar en 2010, influído polo seu irmán, que era bboy. A súa paixón polo hip hop e o breaking levouno a formarse intensamente entre 2010 e 2013, ano no que a súa formación comezou a dar frutos gañou en casi todos os eventos de danza urbana de Venezuela, o seu país de orixe.

En 2015, New viaxou a Perú e, en 2016, percorreu toda Sudamérica, participando en numerosos eventos e acadando importantes vitorias en países como Perú, Brasil, Arxentina, Bolivia, Ecuador e Colombia. Ademais, impartiu clases en todos estes países, compartindo o seu coñecemento e paixón polo baile.

New tamén traballou en pezas teatrais e na organización de eventos, entre eles o Hip Hop Game, un evento itinerante que percorría Sudamérica con modalidades de xogos relacionados co hip hop.

Como competidor, acadou numerosos logros e foi xurado en moitos eventos por toda Sudamérica, e recentemente, dende a súa chegada a Galicia, tamén por toda a Península Ibérica. Como profesor, a súa maior satisfacción é estudar a corporalidade das persoas e ofrecer consellos axeitados, tomándose o tempo necesario para que os seus alumnos poidan progresar de xeito constante. É unha persoa moi disciplinada, que busca sempre avanzar sen quedar atrás, e toma as clases moi en serio. Aínda que as súas clases son divertidas, non lle gusta que a xente interprete o seu traballo como un simple pasatempo. Gústalle que os seus alumnos se divirtan, pero sempre coa seriedade que o baile merece.

Contemporáneo Impro Desafío

Contemporáneo Impro Desafío

Curso para persoas de idade adulta con ganas de porse a proba e aprender dun xeito intuitivo, deixando que o corpo fale sen pasar moito pola mente.

Aulas regulares nas que poder explorar o corpo e as súas posibilidades, a través do movemento consciente, guiado por diferentes técnicas contemporáneas como son a improvisación, floorwork, composición instantánea,… un percorrido corporal para chegar a un movemento máis inconsciente, orgánico e propio que aparece cando o corpo está dispoñible. Sempre dende o xogo, o disfrute e o benestar.
Acondicionamento físico, técnica, improvisación e moito mimos para as corpas.

A danza contemporánea xurdiu a finais do século XIX como unha reacción á rixidez do ballet clásico, buscando maior liberdade de expresión. Figuras clave como Isadora Duncan e Martha Graham romperon coas técnicas tradicionais, incorporando movementos máis naturais e emocionais. Influenciada polas vangardas artísticas, este xénero abraza a diversidade de estilos e técnicas, desde o expresivo ata o abstracto. A danza contemporánea tamén se caracteriza pola ruptura coa narrativa convencional, permitindo interpretacións abertas e subxectivas, e continúa evolucionando ata hoxe.

Eva Comesaña Sanromán, bailarina, creadora, docente, activista, Dj e xestora cultural.

Formada en danzas de clubing (hip hop, house e wacking), danzas africanas (Djole, danza de la costa oeste) e danza contemporánea, facendo parte do programa Oficina Zero 23/24 no Porto.

Como creadora, formou parte da compañía de danza e música Beehive; colaborou en videos musicais e video-danza, así como en creacións propias coma a peza “Dentro de min”, “O Lavadoiro”, performance de rúa xunto á bailarina Marcia Vázquez, o solo “TerraFIRME”, “Como alabar en voz alta” e “Perder a lingua”, peza para salas e teatros xunto a Rubén Fernández (músico) e Eva Antelo (artista visual)

Formou parte do grupo de experimentación e impro Sinerxias que mestura música en directo, poesía, voz e danza nun proceso de creación a través da improvisación.

Co-fundadora da asociación 85C, colectivo feminista de artistas galegas.

Programadora e creadora dos proxectos Macarena War, Teatro Gorrila, Ciclicka e Solos que danzan.

  • Xoves 21.30h-22.30h

Descarga os horarios completos de Caixa de Ritmos neste link.

  • Pago trimestral: 95€/trimestre
  • Pago mensual: 40€/mes

Os prezos son para unha clase á semana. Se queres asistir a máis clases por semana consulta a táboa de prezos.

Antes do inicio do curso faremos unha semana de portas abertas para que probes as clases que queiras gratuitamente.

Unha vez comezado o curso poderás probar unha clase por 10€, que te reembolsaremos da túa cuota se finalmente fas a inscrición.

Do 30 de setembro ao 20 de xuño.

Unha vez comezado o curso é posible unirse sempre que haxa prazas dispoñibles e non teñas problema en seguir o ritmo do curso (lembra que podes probar unha clase).

Contemporáneo Impro Multinivel

Contemporáneo Impro Multinivel

Curso para persoas de idade adulta que bailan calquera estilo de baile, non necesariamente danza contemporánea, e queren disfrutar das aulas dende un lugar relaxado.

Aulas regulares nas que poder explorar o corpo e as súas posibilidades, a través do movemento consciente, guiado por diferentes técnicas contemporáneas como son a improvisación, floorwork, composición instantánea,… un percorrido corporal para chegar a un movemento máis inconsciente, orgánico e propio que aparece cando o corpo está dispoñible. Sempre dende o xogo, o disfrute e o benestar.
Acondicionamento físico, técnica, improvisación e moito mimos para as cuerpas.

A danza contemporánea xurdiu a finais do século XIX como unha reacción á rigidez do ballet clásico, buscando maior liberdade de expresión. Figuras clave como Isadora Duncan e Martha Graham romperon coas técnicas tradicionais, incorporando movementos máis naturais e emocionais. Influenciada polas vangardas artísticas, este xénero abraza a diversidade de estilos e técnicas, desde o expresivo ata o abstracto. A danza contemporánea tamén se caracteriza pola ruptura coa narrativa convencional, permitindo interpretacións abertas e subxectivas, e continúa evolucionando ata hoxe.

Eva Comesaña Sanromán, bailarina, creadora, docente, activista, Dj e xestora cultural.

Formada en danzas de clubing (hip hop, house e wacking), danzas africanas (Djole, danza de la costa oeste) e danza contemporánea, facendo parte do programa Oficina Zero 23/24 no Porto.

Como creadora, formou parte da compañía de danza e música Beehive; colaborou en videos musicais e video-danza, así como en creacións propias coma a peza “Dentro de min”, “O Lavadoiro”, performance de rúa xunto á bailarina Marcia Vázquez, o solo “TerraFIRME”, “Como alabar en voz alta” e “Perder a lingua”, peza para salas e teatros xunto a Rubén Fernández (músico) e Eva Antelo (artista visual)

Formou parte do grupo de experimentación e impro Sinerxias que mestura música en directo, poesía, voz e danza nun proceso de creación a través da improvisación.

Co-fundadora da asociación 85C, colectivo feminista de artistas galegas.

Programadora e creadora dos proxectos Macarena War, Teatro Gorrila, Ciclicka e Solos que danzan.

  • Xoves 20.30h-21.30h