+16
BASES martes de 18h a 19h
INTERMEDIO martes de 19h a 20h
Lu Ko Ala
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ .Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos
aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!
Qué é o Dancehall?
O Dancehall nace en Xamaica ao final dos anos 70, establecéndose fortemente na década de 1980. Este xénero non só é unha forma de expresión corporal, senón unha cultura que abrangue tamén a música, a moda e o estilo de vida. É un reflexo da sociedade xamaiquina, que toma a súa máxima expresión nas propias pistas de baile: os dance-halls. E, por iso mesmo, está en constante cambio e evolución.
Nestas aulas aprenderemos e partillaremos baseándonos nos movementos de Dancehall creados por diferentes bailarinas e bailaríns da illa, desde as súas orixes ata a actualizade; escoitando a súa mensaxe e explorando como transmitila cos nosos corpos.
+16
BASES mércores de 21h a 22h
INTERMEDIO mércores de 19h a 20h
Geni Muxima
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ (Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos
aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!
BASES é para quen quere comezar dende cero. CHALLENGE é para quen ten experiencia neste estilo ou xa baila outros estilos e quere traballar de forma intensa.
Afrofusion non è un estilo propiamente, senòn que se trata da fusión de estilos afro e mesmo tamên de vocabulario doutros estilos. Nesta aula traballaremos steps dalgùns estilos como o ndombolo (Congo) Naija Style (Nigeria), Amapiano (Sudàfrica) e Azonto (Ghana) principalmente e realizaremos secuencias combinando estas diferentes linguaxes.
Neste vídeo podes ver unha demo de Geni Muxima dalgunhas das ideas que se traballan durante o curso.
+16
Mércores 20.00h a 21.00h
Geni Muxima
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ (Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos
aquí
Proba unha clase por 1€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!
Neste curso traballaremos a ginga do estilo, patróns de footworks, pasos populares coas súas músicas e secuencias coreográficas a partir do aprendido. Sobretodo empaparémonos do contexto sociocultural, xa que se entendemos a historia, sen dúbida algunha bailaremos mellor o estilo.
Qué é o Afrohouse/Kuduro?
O kuduro nace en Luanda (Angola) a finais dos anos 80 no contexto dunha longa guerra civil (1975- 2002) e baixo a colonización portuguesa. Xorde nos musseques (barrios marxinais) como unha necesidade de expresión do pobo angolano. De aí que os movementos nun comezo sexan como unha brincadeira con influencias do break, popping e mesmo do ballet (kuduro underground). Kuduro ( Cù duro) foi o termo que lle deu Tony Amado, tras ver a escena de Jean Claude Van Damme bailando nun bar na película Kickboxer (1989). A música que popularizou este estilo foi “A felicidade“ do Sebem.
A nivel musical é un xenero que mistura música electrónica con outros ritmos de Angola como a semba. A finais dos 90 da man de Os Lambas tòrnase nun kuduro mas rápido, máis agresivo e máis político (kuduro Clásico). Son patróns de pes moi rápidos e dinámicos cunha ginga influenciada polo ndombolo (Congo), que se caracteriza polos movementos de cadeiras. Nesta etapa comezan as primeiras mulleres kuduristas como Fofandò, propia lixa e Noite e día.
É a partir do ano 2005 (xa despois da guerra) cando se produce un cambio musical e entra na escea o Afrohouse. O Afrohouse como xénero musical aparece en Sudáfrica, pero alí non se desenvolve como unha danza. Os estilos que se bailaban eran o kwaito e o Pantsula (moito footwork). Os Pilukas, bailarinos angolanos, viaxan a Sudáfrica e recollen vocabulario do Pantsula e na súa volta en Angola mistùrano co kuduro. Por outro lado, outros bailarinos como Fabio Dance influenciado polas músicas que ouvía nas discotecas de Lisboa, crea os tres pasos mais populares do afrouhouse old shool (abrir/fechar/o toque). Nace así o Afrohouse de Angola que se caracteriza por ter unha batida mais forte xa que bebe directamente do kuduro, pero que se baile cun Groove máis suave ao kuduro que se viña practicando. Destacan grupos como The Groove, Os Moikanos, Os Banah, Os Santiegos, ou Maya Zuda coñecida como a raíña do afrohouse. E nas novas xeracións: Ronaldo Sambala, Malunne, Os Biu Bau, Os Reflexos, Team Xocoteiro, e moitísimos máis,
É importante dicir que aínda que fóra de Angola se estudan como dous estilos diferentes, en Angola entenden que o Afrohouse é Kuduro é o mesmo baile. Mudan as músicas e os grooves, pero a danza continúa ligada á mesma raíz.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.