Kuduro / Afrohouse

Kuduro / Afrohouse
+16
Mércores 20.00h a 21.00h
Geni Muxima
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ (Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 1€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

Neste curso traballaremos a ginga do estilo, patróns de footworks, pasos populares coas súas músicas e secuencias coreográficas a partir do aprendido. Sobretodo empaparémonos do contexto sociocultural, xa que se entendemos a historia, sen dúbida algunha bailaremos mellor o estilo.

O kuduro nace en Luanda (Angola) a finais dos anos 80 no contexto dunha longa guerra civil (1975- 2002) e baixo a colonización portuguesa. Xorde nos musseques (barrios marxinais) como unha necesidade de expresión do pobo angolano. De aí que os movementos nun comezo sexan como unha brincadeira con influencias do break, popping e mesmo do ballet (kuduro underground).  Kuduro ( Cù duro) foi o termo que lle deu Tony Amado, tras ver a escena de Jean Claude Van Damme bailando nun bar na película Kickboxer (1989). A música que popularizou este estilo foi “A felicidade“ do Sebem.

A nivel musical é un xenero que mistura música electrónica con outros ritmos de Angola como a semba. A finais dos 90 da man de Os Lambas tòrnase nun kuduro mas rápido, máis agresivo e máis político (kuduro Clásico). Son patróns de pes moi rápidos e dinámicos cunha ginga influenciada polo ndombolo (Congo), que se caracteriza polos movementos de cadeiras. Nesta etapa comezan as primeiras mulleres kuduristas como Fofandò, propia lixa e Noite e día.

É a partir do ano 2005 (xa despois da guerra) cando se produce un cambio musical e entra na escea o Afrohouse. O Afrohouse como xénero musical aparece en Sudáfrica, pero alí non se desenvolve como unha danza. Os estilos que se bailaban eran o kwaito e o Pantsula (moito footwork). Os Pilukas, bailarinos angolanos, viaxan a Sudáfrica e recollen vocabulario do Pantsula e na súa volta en Angola mistùrano co kuduro. Por outro lado, outros bailarinos como Fabio Dance influenciado polas músicas que ouvía nas discotecas de Lisboa, crea os tres pasos mais populares do afrouhouse old shool (abrir/fechar/o toque). Nace así o Afrohouse de Angola que se caracteriza por ter unha batida mais forte xa que bebe directamente do kuduro, pero que se baile cun Groove máis suave ao kuduro que se viña practicando. Destacan grupos como The Groove, Os Moikanos, Os Banah, Os Santiegos, ou Maya Zuda coñecida como a raíña do afrohouse. E nas novas xeracións: Ronaldo Sambala, Malunne, Os Biu Bau, Os Reflexos, Team Xocoteiro, e moitísimos máis,

É importante dicir que aínda que fóra de Angola se estudan como dous estilos diferentes, en Angola entenden que o Afrohouse é Kuduro é o mesmo baile. Mudan as músicas e os grooves, pero a danza continúa ligada á mesma raíz.

Se queres profundizar, recomendámoste este documental: https://www.youtube.com/watch?v=zkdXDbRLAns

Neste vídeo podes ver unha mostra deste baile da man dos Piluka.

Coro Swing

Coro Swing
+16
martes de 20.30h a 21.30h
Rubén Fernández
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€ (Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

O coro xa leva algún tempo, polo que é importante ter algunha base de canto para formar parte. Solicita unha entrevista con Rubén Fernández (o director) para que te oriente sobre cómo formar parte do coro.

Nos ensaios do coro trabállanse cancións relacionadas co jazz e co blues, todos os temas son arranxos que Rubén Fernández, o director, fai exclusivamente para o este coro, adaptando sempre o seu traballo as persoas coas que traballa. Para Rubén, o coidado da voz é unha das cousas máis importantes. O repertorio está formado por temas de orixe americano, así que soen ser en inglés, pero non necesitas ter coñecementos de inglés porque vas aprendendo a pronunciación durante os ensaios.

Aquí podes ver unha actuación do Coro Swing na Fábrica de Chocolate (Vigo)

House

House
+16
BASES luns de 20h a 21h
INTERMEDIO luns de 19h a 20h
New
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€. Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

BASES: se non tes experiencia previa neste baile e queres comezar de cero.

INTERMEDIO se xa bailas house ou outros bailes urbanos e queres darlle caña ao teu baile.

É un baile urbano afroamericano que ten a súa orixe na cultura Disco, e nace ligado á música House que a que lle da nome ao baile.

Nace a principio dos 80 nos clubs de Chicago e Nova Iorque, e entre o 82 e o 84 aínda era percibido como Disco. O son House, propiamente, apareceu entre o 84 e o 86, que foi o momento de desenvolvemento do baile. Naquel momento á música House chamabanlle Club Music, e ao baile House chamábanlle Club Dancing, xa que era o que soaba e o que se bailaba dentro dos clubes. De feito, todo este movemento cultural foi a orixe da cultura Clubbing, na que as persoas se reunían para bailar nun espazo libre e diverso, e seguro tanto para a comunidade LGTBIQ+ como para persoas de diferentes etnias, que podían expresarse a través da improvisación na pista de baile.

Aínda que house ten fundamentos, técnicas e pasos propios, como por exemplo o Jacking, incorpóranse diferentes influencias ao estilo que diferencian a identidade de cada bailarín :afro, salsa, capoeira, contemporánea, lindy hop, tap… entre outros estilos e bailes vernaculares.