Hip Hop

Hip Hop
+16
BASES luns de 18h a 19h
INTERMEDIO luns de 21h a 22h
New
Prezo trimestral: 99€ / Prezo mensual: 45€. Para unha clase/semana, se queres apuntarte a máis modalidades, consulta todos os prezos aquí
Proba unha clase por 15€, que se descontarán da cuota se te inscribes.
Inscríbete xa!

Partindo dos valores orixinais do hip hop: paz, amor, compartir e pasalo ben, aprenderemos as bases do hip hop e como outras danzas de clubbing influenciaron e foron influencia do hip hop orixinal. Técnica, coreografía e freestyle estarán presentes durante as clases impartidas polo gran bailarín New.

O hip hop é non é só un baile, se non que é un movemento cultural que xurdiu na década de 1970 nos barrios afroamericanos e latinos do Bronx, en Nova York, e o baile foi un dos seus compoñentes fundamentais xunto ao rap, ao graffiti e ao DJ. O breakdance, tamén coñecido como b-boying ou b-girling, emerxeu como unha forma de expresión artística e física entre a mocidade dos barrios marxinais, enfrentándose co baile e non a través de pelexas de barrio. Co paso do tempo, o baile hip hop evolucionou, incorporando novos estilos como o popping, locking e krumping. Estes estilos difundíronse por todo o mundo, influíndo en videoclips, competicións de danza e incluso en academias de baile. O baile hip hop segue sendo unha parte vital da cultura urbana, celebrando a creatividade, a destreza e a comunidade.