New

New

Imparte: House e hip hop

É un recoñecido bailarín, coreógrafo e profesor de baile urbano con orixes no mundo do hip hop e do breaking.

Comezou a bailar en 2010, influído polo seu irmán, que era bboy. A súa paixón polo hip hop e o breaking levouno a formarse intensamente entre 2010 e 2013, ano no que a súa formación comezou a dar frutos gañou en casi todos os eventos de danza urbana de Venezuela, o seu país de orixe.

En 2015, New viaxou a Perú e, en 2016, percorreu toda Sudamérica, participando en numerosos eventos e acadando importantes vitorias en países como Perú, Brasil, Arxentina, Bolivia, Ecuador e Colombia. Ademais, impartiu clases en todos estes países, compartindo o seu coñecemento e paixón polo baile.

New tamén traballou en pezas teatrais e na organización de eventos, entre eles o Hip Hop Game, un evento itinerante que percorría Sudamérica con modalidades de xogos relacionados co hip hop.

Como competidor, acadou numerosos logros e foi xurado en moitos eventos por toda Sudamérica, e recentemente, dende a súa chegada a Galicia, tamén por toda a Península Ibérica. Como profesor, a súa maior satisfacción é estudar a corporalidade das persoas e ofrecer consellos axeitados, tomándose o tempo necesario para que os seus alumnos poidan progresar de xeito constante. É unha persoa moi disciplinada, que busca sempre avanzar sen quedar atrás, e toma as clases moi en serio. Aínda que as súas clases son divertidas, non lle gusta que a xente interprete o seu traballo como un simple pasatempo. Gústalle que os seus alumnos se divirtan, pero sempre coa seriedade que o baile merece.